Día 11: Copando

Copar é unha palabra que se usa coloquialmente co sentido de non ir ás aulas. Depende da zona, tamén se di latar, colgar ou mesmo facer godallo. Aínda así, por moita riqueza léxica que teña a nosa lingua, non existe unha palabra que signifique non ir ás aulas por estar a estudar, precisamente, o que están a dar nas aulas.

Creo que me enredei en debates léxicos... mais o caso é que hoxe non fun á academia. O motivo é que por causa das aulas de euskara estou un chisco atrasado no planning de estudo, entón tiven que aproveitar este tempo para me pór ao día. E non, non fago mal, só sigo o consello do noso titor:

«Las clases son para los que van al día, quien vaya con retraso, tenga algo para Septiembre, etc...le recomendamos que se quede en casa estudiando o recuperando lo perdido. Por supuesto, cuántas más clases podáis ir, mejor. Esto no se aplica a los simulacros: tenéis que hacerlos todos, y corregirlos.»

Entón, acabou a semana de Neuro. O curso de euskara xa está no ecuador, só restan 5 días máis e terei o título do nivel A1. Tamén foi o Doctor Who Proms, co cal levo desde as 20h30 escoitando o concerto pola web da BBC. E isto é todo por agora, continuarei a informar puntualmente.

Saudiña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario